Os clubs Xunqueira de Gondomar e Estivada de Baiona, campións de España de bolo celta

Hoxe celebráronse nas canchas de bolos da Casa de Cultura de Camos (Nigrán), as finais dos Campionatos de España de bolo celta por equipos de primeira e segunda categoría. Con numeroso público (respectando as medidas anti covid) a competición deu comezo ás 9:30 horas coa final de segunda para rematar coa final de primeira. Os resultados finais foron os seguintes:

Primeira categoría:

  • Campión: Club de bolos Xunqueira de Gondomar.
  • Subcampión: IV Los Valles de Tineo (Asturias).
  • Terceiro clasificado: Club de bolos L’Acabose de Tineo (Asturias).
  • Cuarto clasificado: Club de bolos Belesar Urgal de Baiona.

En segunda categoría:

  • Campión: Club de bolos Estivada de Baiona.
  • Subcampión: Club de bolos A Rega de Baiona.
  • Terceiro clasificado: Peña La Cantera de Villayon (Asturias).
  • Cuarto clasificado: Club de bolos Mañufe de Gondomar.

O próximo campionato nacional será o feminino individual e de parellas que se celebrará en Xove (Lugo) o vindeiro fin de semana.