Máis do 76% da poboación diana de Baiona, Gondomar e Nigrán xa está inmunizada contra a covid

Os concellos de Sobrado (A Coruña), Baleira (Lugo), Vilar de Barrio (Ourense) e Agolada (Pontevedra), son os que a día de hoxe teñen a maior porcentaxe de poboación diana inmunizada contra a covid con pauta completa nas súas provincias. Así o informa a Consellería de Sanidade que detalla que estes municipios teñen, respectivamente, 90,29%, 91,18%, 91,44% e 86,54% respectivamente da súa poboación diana inmunizada. Considérase poboación diana aquela que é susceptible de ser vacinada, e que no caso do coronavirus é a de 12 anos e maiores desa idade.

No referente ás sete grandes cidades, as porcentaxes son as seguintes: A Coruña 78,01%; Lugo 80,33%, Ourense 80%; Pontevedra 77,41%; Vigo 75,60%; Santiago de Compostela 81,02%; e Ferrol 80,56%. No que respecta ao Val Miñor, o 76,93% da poboación diana de Baiona xa está inmunizada; a porcentaxe de veciños e veciñas de Gondomar con pauta completa alcanza o 76,60%; e finalmente, a día de hoxe Nigrán conta co 76,72% da súa poboación diana inmunizada.

No global de Galicia, os dez concellos con maior porcentaxe de inmunizados na poboación diana son Vilar de Barrio cun 91,44%, Montederramo cun 91,42%, Baleira cun 91,18%, Abadín cun 90,77%; Larouco cun 90,30%, Sobrado cun 90,29%, Sarreaus cun 90,24%, Vilardevós cun 90,23%, Beade cun 90,03% e Navia de Suarna cun 89,81%.

Todos estes datos, correspóndese a persoas con tarxeta do Sergas.