Camos acolle os Campionatos de España de bolo celta

Esta fin de semana xogaranse nos campos de bolos da Casa de Cultura de Camos (Nigrán), os Campionatos de España de bolo celta de primeira e segunda categoría. A competición dará comezo o sábado a partires das 9:30 horas. Participarán un total de oito equipos por categoría.

Os equipos participantes serán: Bolos Belesar Urgal; Bolos San Cibrán; Bolos Xunqueira; Bolos Xove; Bolos Camos; L’Acabose; IV Los Valles e Bahinas B, en primeira categoría. Bolos Rega; Bolos Baredo; Bolos Estivada; Bolos San Miguel; Bolos Mañufe; La Cantera-Villayon; Los Serenos e Compastur en segunda categoría.

A competición continuará o domingo coa fase final e a entrega de trofeos ao redor das 13:00 horas.