A Casa da Navegación de Baiona é o espazo que acollerá a inauguración de “O océano que nos une”, a exposición itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). Será este xoves, 18 de xullo, a partir das 17:00 horas.
Todos os asistentes poderán coñecer máis sobre esta rede de coñecemento e sobre o proxecto Morada Atlántica. Ademais, a presentación inclúe unha visita guiada polos paneis que conforman a exposición, que poderá visitarse ata o 28 de xullo.
Para asistir, os interesados deben escribir a info@redrema.eu ou chamar ao 636 111 893.
A Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) é a primeira rede especializada de contidos relacionados coa cultura mariñeira. O seu obxectivo é poñer en valor o patrimonio material e inmaterial ligado ao mar.
REMA está formada por espazos cun interese común por preservar a cultura mariñeira e a historia. Os seus membros custodian un patrimonio atractivo para diferentes grupos de interese: turistas, escolares, investigadores e público en xeral.


