Festexos en Priegue na honra do seu patrón o Bo Xesús da Paciencia

A parroquia nigranesa de Priegue celebrará os próximos días 3, 4 e 5 de setembro diferentes actos na honra do seu patrón o Bo Xesús da Paciencia, coa colaboración do C.R.C. O Torreiro de Priegue, a AA.VV. A Irmandade de Priegue e o Concello de Nigrán. Os actos programados con motivo destes festexos cumprirán todas as medidas para garantir a seguridade sanitaria dos asistentes, e o bo desenvolvemento dos eventos.

O programa de festexos arrancará o venres 3 de setembro ás 22:30 coa actuación do grupo nigranés Ritmo Latino. O sábado día 4 ofrecerase un show infantil a partir das 19:00 horas, e posteriormente, ás 22:30, actuará o Trío Azar. O domingo día 5 celebrarase ao aire libre no recinto do Torreiro de Priegue, unha Misa Solemne na honra ao Bo Xesús da Paciencia, ás 12:00 do mediodía, e a continuación a Banda de Música dará un concerto.

Para rematar os actos festivos, a partir das 19:00 horas do domingo haberá diferentes actuacións a cargo dos grupos musicais The Roosters, Roiben e Swing Navia Banda.