Donas celebra as festas do Doce Nome de Xesús

A parroquia gondomareña de Donas celebra esta fin de semana as festas na honra do Doce Nome de Xesús. O programa previsto comezará o sábado 28 de agosto ás 19:45 horas cunha pasarrúas a cargo de Treboada Són Galego de Donas. Ás 20:00 horas haberá unha tirada de fogos de artificio a cargo de Argimiro Alborés, e a continuación un concerto da Treboada.

O domingo día 29 ás 12:30 do mediodía a Agrupación Musical de Belesar ofrecerá un pasarrúas no Mosteiro. Ás 13:00 horas celebrarase a Misa Solemne an honra do Doce Nome de Xesús, cantada pola coral polifónica Santa Eulalia de Donas con posterior procesión acompañada pola mesma banda. Ao finalizar haberá unha tirada de fogos de artificio a cargo de Argimiro Alborés. Pola tarde, ás 19:30 horas, a Agrupación Musical de Belesar ofrecerá un concerto no torreiro da festa.

O luns 30 de agosto ás 19:00 horas haberá unha tirada de fogos de artificio a cargo de Argimiro Alborés. Ás 20:00 horas, entrada e pasarrúas no Mosteiro da Charanga Vai de Baile. Ás 20:30 horas celebrarase unha Misa Solemne na honra da Virxe das Dores, con posterior procesión acompañada pola mesma charanga.