Trisk-Ale Fest en Patos coa mellor cervexa natural do Val Miñor

Malabar Patos acolle este mércores 25 de agosto Trisk-Ale Fest de Cervexa Natural do Val Miñor. Ás 12:00 do mediodía abrirase o festival, e ás 12:30 haberá unha cata gratuíta de cervexas para a que será necesaria inscrición ata completar aforo en ccervezabanda@gmail.com. Ás 13:30 horas presentarase a nova cervexa de barril Caravan Lager, e ás 14:00 horas, Pablo Prego ofrecerá unha sesión beermú con versións en acústico.

Pola tarde, ás 17:00 horas, haberá unha sesión de DJ’s a dúas mans a cargo de Víktor Flores e DJ Outro. Ás 20:00 horas comezará un concerto de Zalmon Grass e ás 22:00 horas haberá música ambiental. O peche do festival será ás 23:30 horas. Haberá agasallos para os asistentes, un posto de coctelería de On The Rocks e a comida correrá a cargo do foodtruck Lacon Lover.