Bronce para a baionesa Mara Ludeña na cuarta proba da liga provincial

Este domingo celebrouse no encoro de Verducido a cuarta proba da Liga Provincial de Pontevedra das categorías prebenxamín, benxamín e alevín, coa participación de 580 nenos e nenas de 21 equipos. A baionesa Mara Ludeña, do Club Kayak Tudense, finalizou en terceira posición na categoría Benxamín A 1.500 metros, cunha marca de 9:28,77. A vitoria foi para Claudia Lamas, do Club Piragüismo Verducido-Pontillón (8:58,60), seguida por Marta Rosales, da Escola Piragüismo Ciudad de Pontevedra, en segunda posición (9:02,39).