Diego Pérez e Abraham Rodríguez e Gonzalo Pérez e Daniel Álvarez, campións de España de bolo celta por parellas

Esta fin de semana celebrouse en Tineo-Asturias os Campionatos de España de bolos celta de primeira e segunda categoría, modalidade por parellas. Os resultados finais foron:

En primeira categoría:

  • Campións de España, Diego e Abraham de bolos Sobreiro de Gondomar, revalidado título por segundo ano consecutivo.
  • Subcampións, Javier Pertierra e Dani Rodríguez de La Panera de Cangas de Narcea-Asturias.
  • Terceiros, Dani e Nacho de bolos Peitieiros.

En segunda categoría:

  • Campións, Gonzalo e Dani de bolos Baredo, revalidado título.
  • Subcampións, Javi e Xenxo de bolos Xove.
  • Terceiros, Bruno e David de Tineo-Asturias.

O próximo Campionato de España por equipos celebrarase en Camos-Nigrán os días 28 e 29 de agosto. Dende a Federación Galega queren felicitar a ambas parellas, así como a todos os participantes galegos en ambos campionatos.