O sorteo de EuroMillones deixa un premio de case 160.000 € en Nigrán

O sorteo de EuroMillones celebrado este martes deixou un premio de 159.768,69 euros en Nigrán. A combinación gañadora correspondeu aos números 47, 9, 48, 49 e 37 e as estrelas 2 e 7. Un dos tres boletos acertantes en España de Terceira Categoría (5+0) foi validado no Despacho Receptor Nº 86.100 La 13 de Priegue. Trátase do primeiro premio “gordo” que tocou no establecemento, rexentado desde hai 10 anos por Raquel Beiro, aínda que tan só leva 2 como despacho de loterías. O posible afortunado é toda unha incógnita.