Trasladan a unha muller e dous menores logo de colidir o coche no que viaxaban contra outros dous aparcados en Nigrán

Unha muller e dous menores foron trasladados a un centro médico este mediodía en Nigrán despois de que o turismo no que circulaban, que rematou envorcado, batese contra outros dous vehículos que estaban aparcados. O sinistro produciuse na rúa de Otero Pedrayo, na parroquia de Panxón, uns minutos despois das doce. Foi, nese momento, cando varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do suceso. Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Baixo Miño, ao GES e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Val Miñor e á Policía Local.