“Violencia Zero” chega a Baiona da man da vocalista e compositora Najla Shami

Despois de máis de 100 accións artísticas por toda a provincia, a VI Edición do programa “Mulleres en acción: Violencia Zero” chega a Baiona coa peza “palabr(A)” a cargo da artista Najla Shami, vocalista e compositora, “Unha conversa que xurde da necesidade de expresar a forma do mundo na boca dunha muller usando a poesía e a música como vehículo e arma”.

O evento terá lugar o luns 9 de agosto ás 21:00 horas no parque da Palma. As persoas interesadas en desfrutar do evento, poderán reservar praza a través do enderezo electrónico administrativo.cim@baiona.gal facilitando nome e apelidos, NIF e teléfono de contacto ata ás 12:00 horas ou a través do teléfono 986 35 75 54 en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou poderán facilitar os seus datos no acceso ao recinto o propio luns de haber butacas libres. Para acceder ao recinto é obrigatorio o uso da máscara, manter a distancia de seguridade e cumprir todas as medidas de prevención da COVID 19.