Morgadáns celebra a súa Semana Cultural con danza, música e teatro

A Asociación Cultural San Roque de Morgadáns organiza do 9 ao 15 de agosto a súa Semana Cultural, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de Gondomar e a Entidade Local Menor de Morgadáns. Todas as actividades comezarán ás 21:00 horas.

Abrirá a programación prevista a escola de baile moderno de Mañufe DanzArte o luns 9, e seguiranlle Voltereta e Volvoreta con teatro infantil e un pequeno show de danza a cargo de bailaríns da escola LDanzia o martes 10, o concerto de La Banda de Ayer o mércores 11, Animar- t Teatro o xoves 12, o Grupo de Teatro A Moura de Chaín con “A vida nos tempos do coronavirus” o venres 13, a Asociación de Danza de Gondomar o sábado 14 e o concerto do cantautor Urbano Cabrera e Juanchi Vázquez o domingo 15.