Os socorristas rescatan a unha persoa que practicaba windsurf en Nigrán

Foi o propio deportista quen, minutos despois das seis da tarde, se poñía en contacto co 112 Galicia para solicitar axuda para saír da auga. A persoa sinalaba que estaba no mar, en Nigrán, entre a praia de Patos e Monteferro, e que non tiña forzas para volver á beira.

Con esta información, os xestores do CIAE-112 Galicia deron aviso a Salvamento Marítimo e aos socorristas da praia, que xa tiña coñecemento da incidencia e ían camiño do alertante cunha embarcación.

Ademais, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, tamén se informou ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Local e a Protección Civil de Nigrán.

Afortunadamente, os socorristas confirmaron que o particular fora trasladado ata o areal pola embarcación de socorrismo e que non precisou asistencia sanitaria.