Nigrán festexa San Campio este domingo na Ramallosa

O Concello de Nigrán, se finalmente a climatoloxía o permite, festexa este domingo 25 de xullo San Campio na Alameda da Ramallosa, contorna dedicada precisamente a este santo e ao que debe o nome. Así, ás 20:00 horas terá lugar o concerto da Banda de Música do Val Miñor financiado a través da Liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e, seguidamente, ás 22:00 horas para respectar as restricións horarias, será o concerto do grupo xuvenil “El azote de los vagos”, inspirados nos antigos grupos de rock pero tamén na música actual e fanáticos de divertirse e de tocar.