Volven As Noites de Talaso con cinco grupos e dezaseis actuacións

Ata o 21 de agosto, o Hotel Talaso Atlántico ofrecerá un total de dezaseis concertos de cinco grupos diferentes na súa terraza panorámica. As actuacións en directo poderán ser desfrutadas tanto por clientes hospedados como externos que utilicen o seu servizo de restaurante ou cafetería. As Noites de Talaso ofrecerán a oportunidade de gozar de boa música cun variado cartel do que forman parte os habituais á programación de verán de Talaso Atlántico, Club Naval; o rock e pop de La Patrulla, as versións e imitacións de Javi Araújo e o rock de todos os tempos das bandas Blue Monk e Oddity Light. Todos os concertos comezarán ás 22:00 horas e seguirán un estrito protocolo sanitario. O hotel quere así apoiar a un sector castigado coa pandemia e aproveitar a amplitude das súas instalacións exteriores para facelo de forma segura para os asistentes.