Néstor Rego participará nun acto público dentro da programación do BNG da Semana da Patria no Val Miñor

Dentro da programación do BNG na Semana da Patria no Val Miñor, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, participará mañá xoves 22 de xullo nunha charla coloquio a respecto do traballo realizado no Parlamento do Estado e da importancia de Galiza ter voz propia en Madrid. O encontro celebrarase no Parque das Ánimas en Gondomar a partir das 20:00 horas, e desde o BNG de Baiona, Gondomar e Nigrán convidan a participar á veciñanza dos tres concellos. Gardaranse en todo momento as medidas de seguridade sanitaria e os protocolos Covid.