O novo DNI 4.0 expídese desde hoxe na Comisaría de Policía Nacional de Vigo

FOTO: POLICÍA NACIONAL VIGO // O primeiro DNI 4.0 expedido na Comisaría de Vigo, acompañado polo Comisario Xefe da Comisaría de Policía Nacional de Vigo.

A Comisaría de Policía Nacional de Vigo, en cumprimento do Regulamento do parlamento Europeo e do Consello do 20 de Xuño de 2019, sobre o reforzo da seguridade dos documentos de identidade dos cidadáns da Unión, incorpora novas medidas de seguridade nos documentos no DNI 4.0, nas tarxetas de Identidade e de Residencia.

Os cambios máis significativos que podemos destacar, en relación ao DNI 3.0 son:

-O título “documento de identidade”, noutra lingua oficial do estado membro de expedición, (idioma e bandeira).

-No anverso, o código de dúas letras do Estado membro que expida o documento, impreso en negativo nun rectángulo azul e rodeado de 12 estrelas amarelas.

A esixencia para deseñar un novo soporte, que inclúa características materiais, técnicas, de seguridade, funcionalidade e usabilidade, non é outra que avanzar nas novas tecnoloxías e dar resposta ás necesidades que a cidadanía solicita na nova era dixital.

A nova implantación desenvolveuse nas distintas unidades de documentación de toda a xeografía nacional, cumprindo un plan progresivo que deberá finalizar o 2 de agosto, e que na Cidade de Vigo, faise efectivo este luns 19 de xullo, tanto no equipo de expedición do DNI, sito nas dependencias da Comisaría de Policía Nacional, Álvaro Cunqueiro nº 6, como para o equipo de expedición móbil.

O novo soporte para o documento de identidade, ademais das medidas de seguridade que incrementa, posúe un chip con máis capacidade e máis rápido, facilitando, deste xeito, todas as xestións que veñen realizando co DNI electrónico.

En proxecto para os próximos meses, atópase, a incorporación do DNI electrónico no dispositivo do teléfono móbil e a implantación do “DNI EXPRES” (xa operativo no Aeroporto de Madrid e Barcelona), onde será o propio cidadán o que renove e actualice o seu documento de identidade; cando sexa por perda ou extravío e non implique cambio de datos de filiación.

O equipo de documentación móbil, dependente da Comisaría de Vigo, desprázase durante o ano a 11 localidades da provincia (A Cañiza, A Guarda, Moaña, Cangas, Ponteareas…), onde o ano 2020 expedíronse un total de 3056, debido á pandemia e as restricións de mobilidade. No que vai de ano 2021 hanse expedido 3.162, e prevese un incremento significativo nos próximos meses.

Ao longo do ano, e sobre todo os meses de verán, o equipo móbil, desprázase a domicilios con persoas impedidas, Residencias, xeriátricos, hospitais… onde se renova a documentación, cun trato especializado e directo que se agradece polo cidadán cada día.

Durante a tempada estival, moitos cidadáns programan as súas vacacións, esquecendo comprobar a vixencia do seu DNI ou Pasaporte, provocando un aumento de solicitudes e atraso na expedición.

Por todo iso, desde a Policía Nacional, faise un chamamento a todos os cidadáns, para que, previo ás súas vacacións, revisen que toda a documentación está vixente, de non ser así, solicitar renovación con suficiente anticipación, podendo ser de 6 meses para DNI e dun ano para pasaportes.