Concerto da Banda de Música do Val Miñor na Ramallosa

O Concello de Nigrán ofrece dentro da súa programación da tempada estival o tradicional concerto de verán na Alameda de A Ramallosa este domingo 18 de xullo ás 12:00 horas a cargo da Banda de Música do Val Miñor, nacida o ano pasado a raíz da pandemia. O Concello repetirá concerto na mesma localización o 25 de xullo ás 20:00 horas con motivo da festividade de San Campio. Paralelamente, o programa municipal “Música nas Parroquias” leva unha actuación deste tipo a cada parroquia coincidindo con cadansúa festa patronal para poder manter a esencia das festas ante os problemas das comisións por mor do Covid-19.