Pacheco Bros en concerto hoxe na Palma

Pacheco Bros presentan en concerto acústico a mellor música desde os setenta ata hoxe no Parque da Palma ás 21:00 horas de hoxe, xoves 15 de xullo. Javi e Diego Pacheco son dous músicos do Val Miñor cunha ampla traxectoria musical. Ao longo dos anos formaron parte de grupos recoñecidos no panorama nacional, e compartiron, por separado, escenarios e xiras, con multitude de artistas nacionais e internacionais.

A actuación, que forma parte da axenda cultural Baiverán 2021, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona, ofrecerá un espectáculo en acústico combinando guitarras e voces en absoluta compenetración. Levarannos a facer unha viaxe pola historia da música pop rock, desde os anos setenta ata a actualidade… facendo unha versión temas de artistas tan coñecidos como os Beatles, Neil Diamond ou Bee Gees pasando por Pink Floyd, Peter Gabriel, U2 e Springsteen, ata chegar a artistas actuais como Bruno Mars, Daft Punk ou Pharrel Williams.