Baíña celebra a festividade de Santa Mariña

A parroquia baionesa de Baíña celebra esta fin de semana a festividade da súa patroa. Este xoves comeza o Triduo na honra de Santa Mariña, ás 18:30 horas (o venres e sábado á mesma hora). O domingo, día 18 de xullo, celebrarase a Misa Solemne ás 12:00 do mediodía, cantada por Samuel Carmona, Pili Rodríguez e Cía. Ao finalizar haberá procesión acompañada pola Banda de Música de Baiona e a tradicional tirada de lumes. A Comisión de Festas lembra aos asistentes a obrigatoriedade do uso de máscara e a necesidade de manter a distancia entre persoas.