Concentración na Ramallosa en repulsa dos asasinatos machistas na Valga

O Co-mando Ghichas e a Asociación de Mulleres Area Loura convoca de novo a toda a veciñanza do Val Miñor a participar na concentración para manifestar a súa repulsa polo asasinato machista de tres mulleres na localidade de A Valga: Alba, Sandra e María Elena.

O home asasinou a súa ex muller, á nai e á irmá desta. Estas dúas últimas mulleres non van figurar nas estatísticas oficiais que non inclúen a familiares nin outros casos nos que o asasino non ten unha relación de parella ou ex parella coa muller.

“Os casos de violencia contra as mulleres e asasinatos machistas son moitos máis dos que aparecen no listado oficial. A violencia machista denigra, fire e finalmente mata. Queremos berrar a nosa indignación por este feminicidio que non para”, sinalan as organizadoras.

A concentración será o mércores 18 de setembro na rotonda da Ramallosa, ás 20:00 horas.

Anuncios