A Escola de Pintura de Nigrán amosa no Auditorio Municipal os seus traballos

O Auditorio Municipal acolle esta tarde a inauguración ás 18:00 horas da XIII Exposición de Pintura de Nigrán, formada por cadros de 21 alumnos e alumnas da Escola Municipal de Pintura de Nigrán, dirixida pola profesora Ana Barbará. Esta permanecerá aberta ao público ata o 30 de xullo de 10:00 a 13:00 e de 18:00 a 21:00 horas. Os asistentes poderán observar o traballo realizado o derradeiro ano polos matriculados nesta actividade cultural municipal que cada curso ofrece o Concello.