Podemos Nigrán solicita medidas ante o retroceso imparable do areal da praia de “As Canas” en Priegue

Tras varios anos de implacable regresión do sistema litoral en Nigrán, a praia de “As Canas” en Prado está a ser unha das máis castigadas. Esta problemática pode orixinar a perda de condición de defensa costeira, desaparición de hábitat para a flora e fauna silvestre e a privación do seu uso público para actividades deportivas, lúdicas e de lecer.

Debido á preocupante condición que se está dando nesta e outras praias deste municipio Podemos Nigrán solicita ao Concello o reforzo artificial de forma urxente da subministración natural de sedimentos da praia de “As Canas”, xa ben sexa mediante áridos da mesma praia ou alleos, e o requirimento á Dirección Xeral de Costas da confección dun plan estratéxico para o control da regresión costeira no municipio.