Conferencia sobre o cemiterio medieval de Santa Liberata no ciclo “O Falar das Pedras”

Este martes 13 de xullo continúa o ciclo “O Falar das Pedras” coa conferencia “O cemiterio medieval de Santa Liberata, ás 20:30 horas no Multiusos Mercado de Sabarís. Rosa Villar Quinteiro, Arqueóloga e Directora da Casa da Navegación en Baiona, con motivo da obra de reposición de servizos na rúa Santa Liberata, sacou unha necrópole cuxos orixes se remontan ao Século XIII. A Doutora en Historia expoñerá o estudo resultado da análise dos materiais alí atopados. Unha das historias máis descoñecidas da Vila.