Baiona inicia o ciclo “Cine na Rúa” en Sabarís con “Las aventuras del Dr. Dolittle”

Este martes 13 de xullo comeza o ciclo “Cine na Rúa”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2021 organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona. O primeiro título que baioneses e visitantes poderán ver será “Las aventuras del Dr. Dolittle”, ás 23:00 horas na Praza Victoria Cadaval de Sabarís.

Despois de perder á súa muller fai sete anos, o excéntrico Dr. John Dolittle, un reputado doutor e veterinario, encerrouse en si mesmo tras os muros da súa mansión coa única compañía da súa colección de animais exóticos. Pero cando a nova raíña cae gravemente enferma, Dolittle terá que deixar, moi á súa pesar, a súa vida de ermitán para embarcarse nunha épica aventura a unha mítica illa en busca dunha cura, recuperando o seu sentido do humor e a súa coraxe a medida que se cruza con vellos adversarios e mentres descobre marabillosas criaturas.