Gondomar celebra San Cristovo coa tradicional bendición de coches

Este sábado celebrouse en Gondomar a festividade de San Cristovo, patrón dos condutores. O programa comezou ás 11:30 da mañá coa caravana automobilística desde Couso. Ás 12:30 horas celebrouse a Misa Solemne no atrio da Igrexa Parroquial, e ao finalizar comezou a procesión na honra de San Cristovo ata o cruzamento das rúas Eduardo Iglesias e Elduayen, onde se fixo a popular bendición de coches, engalanados para a ocasión.


El pase de diapositivas requiere JavaScript.