Nigrán informa sobre o programa 2021/2022 do IMSERSO

O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o PROGRAMA DE TURISMO 2021/2022 do IMSERSO, que inclúe os seguintes destinos: zona costeira peninsular, zona costeira insular e turismo de interior.

Para poder participar neste programa débese reunir un dos seguintes requisitos: ter 65 anos, ser pensionista ou perceptor de prestacións ou subsidios con 60 anos ou de viuvez con 55 anos cumpridos. Poderán participar como acompañantes os fillos con discapacidades cuxo grao de minusvalía sexa igual ou superior ao 45%.

Non se deberá presentar unha nova solicitude se xa se está acreditado para participar no Progama. Neste caso, recibirá no seu domicilio unha comunicación do Imserso cos datos da tempada anterior para que modifique os que considere oportunos.

O IMSERSO recomenda cumprimentar a solicitude EN LIÑA a través da Sede electrónica en https://sede.imserso.gob.es. As solicitudes están dispoñibles no Departamento de Servizos Sociais de Nigrán e o prazo para recollelas é ata o 27 de xullo.