Gondomar celebra as súas festas patronais de San Bieito

Entre os días 9 e 12 de xullo Gondomar renderá homenaxe ao seu patrón San Bieito cun programa deseñado para a ocasión no que xunto aos actos litúrxicos e as tradicións, non faltará a música para gozar das festas patronais do municipio.

A festa arrancará o venres 9 co concerto de “La Banda de ayer” na Praza Paradela, ao que se sumará o do grupo “Assia” o sábado 10, na pista de As Cercas; e a actuación da “Orquestra Marbella” o domingo 11, na Praza Paradela. Coa actuación de “La Patrulla” poñerase o broche final a estas celebracións.

No programa de festas de San Bieito non podemos esquecer a tradicional “Caravana de San Cristovo” con saída desde Couso, o sábado 10 ás 11.30 horas, ou os actos litúrxicos que se desenvolverán durante os catro días, así como o concerto da Agrupación Musical de Vincios, o domingo 11 ás 13:00 horas.