Nigrán súmase ás convocatorias #XustizaParaSamuel cunha concentración este luns

O Concello de Nigrán únese ás convocatorias #XustizaParaSamuel cunha concentración mañá luns 5 de xullo ás 20:00 horas diante da Praza do Concello en memoria de Samuel, un mozo de 24 anos que morreu tras recibir unha malleira na madrugada do sábado nas inmediacións dunha discoteca da Coruña, e como mostra de absoluto rexeitamento a todo tipo de violencias e discriminacións.