Detido un veciño de Gondomar por un suposto delito de violencia de xénero

Ás 21:10 horas do pasado sábado recibiuse chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo. Unha veciña da rúa Finisterre, D.P.P, do Porriño e 62 anos de idade, manifestaba que acaba de ser agredida pola súa parella.

A muller interceptou o vehículo policial, que se dirixía a cubrir o servizo na confluencia das rúas Ecuador con Joaquín Loriga. Os Axentes observaron que presentaba laceraciones no rostro, á altura do pómulo dereito e na marxe esquerda do pescozo. A maiores, mostroulles un corte que presentaba nas costas.

Manifestou que discutira coa súa parella por unha cuestión de carácter económico, comezando o home a golpeala.

Os Axentes localizaron no domicilio ao home, M.R.G, de Gondomar e 68 anos idade, que se negou a abrirlles a porta. Finalmente permitiulles o acceso, procedendo á súa detención pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.