Comeza en Baiona o II Ciclo de Conferencias “O Falar das Pedras”

Comeza en Baiona o II Ciclo de Conferencias “O Falar das Pedras”, que se impartirán os martes de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 horas. Mañá martes iníciase co Catedrático de Literatura Española e escritor, Fernando Bartolomé Benito, que impartirá unha conferencia baixo o título “1595. Drake, Baiona… e o Conde de Gondomar”.

Este ciclo de conferencias está organizado desde o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Iniciouse no ano 2019, sendo interrompidas no 2020 pola pandemia. Este ano 2021 retómase a súa celebración e faise nunha nova localización, o novo edificio rehabilitado Multiusos Mercado de Sabarís (Benito Fariñas, 3).

O ciclo está formado por un corpus de presentacións de libros e charlas divulgativas coa misión de potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial.