Miguel Martínez, Diego Gutiérrez e Yago Vicente gañan a XI edición da Travesía a nado Costa Serena

Miguel Martínez Novoa, 1º en 4.000 metros.

O nadador do Real Club Náutico de Vigo, Miguel Martínez Novoa, impúxose na XI edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán cun tempo de 00:49:54. A proba celebrouse hoxe en Praia América con máis de 450 nadadores, récord absoluto de participación. Miguel Martínez Novoa chegou a meta por diante de David Rodríguez Lago (00:52:37) e Marcos Vila Cid (00:53:55). Na categoría feminina, a vencedora no percorrido de 4.000 metros foi a nadadora Estíbaliz Bugallo Pérez, cun tempo de 00:58:42. En segunda posición chegou Ángela Martínez Novoa (01:01:34), completando o podio Esther Valiño Gómez, cun tempo de 01:03:54.

Na categoría sen neopreno na proba de 4.000 metros impuxéronse Carlos Luis García Colomo e Vanesa Rodríguez Pérez, na categoría masculina e feminina, respectivamente.

O percorrido de 4.000 metros, no que participaron máis de 200 nadadores, consistiu nun triángulo de 4 quilómetros con saída e chegada na canle central de embarcacións. Os nadadores bordearon a baliza de Cabezo de San Juan, situada a 1,3 quilómetros de distancia, regresaron cara á costa polo lado sur da praia e percorreron o último quilómetro en paralelo ao areal.

Na proba de 2.700 metros, na que participaron máis de 100 nadadores, o vencedor na categoría masculina foi o nadador asturiano Diego Gutiérrez López (00:39:03), segundo foi Daniel Vicente Ferreira (00:39:21) e, terceira e primeira na categoría feminina, Vania Soares Neves (00:42:25). Na categoría feminina impúxose Vania Soares Neves, por diante de Sara Fernández Pérez (00:44:24) e Irene Rivadulla Mallo (00:46:35).

No percorrido de 800 metros gañou Yago Vicente Ferreira (00:11:56), seguido de Lucas Ribó Miguel (00:12:11) e Ticiano Domínguez Philocreon (00:12:41). Na categoría feminina, gañou Marta Barbeito Domínguez (00:14:05), superando a Catalina López González (00:14:09) e Paula Ibáñez Jimeno (00:14:57). Esta proba disputouse en paralelo á costa e contou cun centenar de participantes.

A saída de 800 metros arrancou desde a canle principal de entrada e saída das embarcacións e a chegada á beira do posto de Protección Civil de Panxón. Tamén se celebraron dúas probas infantís de 50 e 150 metros moi preto da beira cunha participación de preto de 50 nenos.

No mar acompañaron aos nadadores diversas embarcacións de Protección Civil de Vigo e Val Miñor, Búsqueda y Salvamento Ría de Vigo e Garda Civil do Mar, así como kaiakistas do Club Marítimo de Panxón. A organización contou con máis 60 persoas para a montaxe e avituallamento da proba, coa colaboración da asociación de voluntarios de Vodea.

Máis de 450 nadadores participaron na XI Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán, que reuniu a nadadores de máis de 50 clubs de natación de 10 Comunidades autónomas (Galicia, Asturias, Aragón, Madrid, Cataluña, Canarias, Valencia, Castela-León, Castela-A Mancha e País Vasco) e unha importante representación de nadadores portugueses con idades entre 5 e 72 anos. Nesta edición, a participación das mulleres representou o 30% do total.

Esta edición estivo marcada por un estrito protocolo sanitario e o cumprimento das medidas de seguridade por parte dos participantes, que tiveron que levar máscara ata antes da saída e ao chegar a meta entregóuselles unha. Ademais, as saídas realizáronse de forma graduada cada 5 segundos e na chegada os nadadores tiveron que formar unha fila única, mantendo a distancia de seguridade en todo momento. Tanto a saída, como a meta e zona podio estiveron balizadas para garantir a seguridade dos participantes. Antes de entrar na auga tomóuselles a temperatura a todos os nadadores.

Entrega de premios

Á entrega de premios, que tivo lugar en Praia América, asistiron o alcalde e concelleiro de Deportes de Nigrán, Juan González e José Luis Sanromán, respectivamente; o Deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez; Cristina Blanco, en representación de Bodegas Valmiñor; Sergio Acevedo, da Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU), e Beatriz Alvariño, da organización da proba.

Nas probas de 800, 2.700 e 4.000 metros entregáronse trofeos aos tres primeiros clasificados absolutos da categoría masculina e feminina. Na proba raíña este ano, como novidade, tamén se deron trofeos aos tres primeiros clasificados -categoría masculina e feminina- que nadaron sen neopreno. Ademais repartíronse medallas aos tres primeiros clasificados das 12 categorías da proba raíña.

Así mesmo entregáronse premios especiais ao primeiro nigranés (José Villacieros) e nigranesa (María del Carmen Salgueiro). Os nenos que participaron nos percorridos de 50 e 150 metros recibiron unha medalla. Tamén se entregaron trofeos especiais ao nadador máis novo e de máis idade.

Tras a celebración da travesía todos os nadadores estiveron convidados a un aperitivo no Club Marítimo de Panxón, grazas á colaboración da empresa Atunlo, cumprindo con todas as medidas sanitarias e dunha forma graduada.

A Travesía a nado Costa Serena, organizada polo Club deportivo Tumetapersonal, o Concello de Nigrán e Atlantic Extreme Sports, conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra, Abanca, o concesionario Renault Rodosa, Gadis, Centro Comercial A Ramallosa e Atunlo. Tamén colaboran Powerade, Frutas Sol, Arena, Club Marítimo de Panxón, Froiz, Prado Surf, Valmiñor Ébano, McDonald’s Rías Baixas, Protección Civil do Val Miñor e Vigo, Asociación Vodea, Waira, Kailúa, Boyer Triathlon Vigo, Ángel Leirós Motos, Talaso Atlántico, Comunica e Clubnatacion.com, entre outros.