Gondomar recupera o seu campamento urbano

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, inauguraron esta mañá unha nova edición de Gondoverán, o campamento urbano que regresa tras a suspensión motivada pola pandemia o pasado verán.

Un total de cen pequenos e pequenas gozarán en xullo e agosto de numerosos xogos e actividades creativas, culturais e excursións. Experiencias que sempre potencian os valores baseados na empatía, cooperación e na educación na igualdade e os hábitos saudables.

Gondoverán 2021, financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra, celébrase este ano baixo o lema “Por arte de maxia”.