Gondomar retoma os seus campamentos urbanos apostando pola conciliación familiar

Todo preparado para poñer en marcha o campamento urbano en Gondomar, organizado pola Concellería de Igualdade, que dirixe Nuria Lameiro, tras un ano de ausencia debido ás restricións impostas o verán pasado como consecuencia do coronavirus. Tras a pandemia regresa Gondoverán cunha gran acollida, como demostra que en apenas poucos días cubríronse as 100 prazas dispoñibles, quedando en lista de espera preto de medio centenar de pequenos.

“Agora que todo apunta a que estamos a recuperar a normalidade, retomamos esta actividade que supón unha ferramenta perfecta para moitas familias á hora de conciliar os seus traballos coas vacacións dos seus fillos e fillas”, asegura o alcalde Paco Ferreira, quen lembra que “aínda así non baixaremos a garda e evidentemente seguiranse adoptando as medidas necesarias e que marquen as autoridades sanitarias para unha celebración segura destes campamentos e outras actividades”, remarcou o rexedor.

Pero Gondoverán regresa con toda a forza e baixo o lema “Por arte de maxia” repleto de sorpresas, experiencias novas e moita diversión para os seus participantes, nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos de idade. O campamento desenvolverase nas dúas quincenas do mes de xullo en horario de mañá, cun total de 50 participantes en cada quenda de dúas semanas.

Durante ese tempo porase en marcha un programa completo no que potenciará o desenvolvemento integral dos pequenos e pequenas á vez de que se divirten con xogos e actividades creativas, culturais e que lles permitan coñecer a contorna, participando en diferentes excursións. Todo iso, sempre potenciando os valores baseados na empatía, cooperación e na educación baseada na igualdade e hábitos saudables.

“Os máis pequenos demostráronnos este ano que son uns auténticos campións asumindo un curso con moitas restricións e condicións sanitarias estritas, converténdose nun exemplo para todos, e por iso queremos facilitar desde o goberno que o seu tempo libre póidano gozar ao máximo. Gañáronllo”, conclúe a edil Nuria Lameiro.