Concentración de coches de rally en Vilas

A Comisión de Festas de María Auxiliadora de Vilas (Morgadáns) organiza unha concentración de coches de rally de fronte ao Rías Baixas. Será este sábado 26 de xuño a partir das 12:00 horas, cunha churrascada (con porco, chourizo, criollo e bebida a parte por 15 euros) a partir das 13:30 horas, para a que será imprescindible a reserva de tickets nos teléfonos 636567024, 670465976 ou 616156551. O aforo máximo será de 120 persoas. Xa pola tarde, ás 19:00 horas, terá lugar a presentación do coche do equipo Coco Sport, e a partir das 20:00 horas, para pechar a xornada, o concerto acústico de Leira Rock.