Prata para o baionés David González no Torneo Internacional Citta di Sassari

Dúas medallas para Galicia no Torneo Internacional Citta di Sassari, celebrado o 19 e 20 de xuño en Sassari (Sardeña, Italia). O baionés David González, do Club de Loita Sabarís, finalizou en segundo lugar na categoría de -61 kg. Pola súa banda, Saúl Bello, do Club San Ignacio de Vigo, finalizou en terceiro lugar na categoría de -70 kg.

O técnico, Alexander Kachelaev, valorou de forma moi positiva os resultados de ambos os dous deportistas, bolseiros no CGTD de Pontevedra. “É un torneo, no que participou a selección Olímpica de Russia, un nivel inaccesible, pero a mellor escola para aprender”, afirma Alexander Kachelaev.

Tras este gran evento, ponse o broche ás competicións do grupo de tecnificación do CGTD de Pontevedra. Agora queda pensar en setembro, e planificar as actividades da próxima tempada.