O alumnado de 4ºESO despídese do CPI de Cova Terreña despois de 13 anos no centro

O alumnado celebrou o seu acto de graduación o pasado 18 de xuño no salón de actos do centro, seguindo o protocolo COVID, dando peche a 13 anos de formación no centro educativo, dende Educación Infantil, pasando por Educación Primaria e ata a Educación Secundaria Obrigatoria.

Foi un acto moi emotivo que os resarce dun ano moi complicado debido á situación sanitaria. O alumnado estivo acompañado por parte do seu profesorado e o equipo directivo. As súas familias e amizades puideron seguir o evento a través de videoconferencia dentro das posibilidades dun centro educativo.

Agora ábrese un novo camiño para todos que elixirán segundo as súas preferencias: acceder ao bacharelato, a un ciclo formativo de grado medio ou incorporarse ao mundo laboral. “Desexámoslle a mellor das sortes neste novo camiño e sempre terán a súa “casa” no CPI de Cova Terreña”, sinalan desde o centro.