Carlos Núñez volverá ofrecer un concerto no Miradoiro de Monteferro

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Concerto de Carlos Núñez en Monteferro.

Tal e como prometeu na súa actuación do pasado ano, Carlos Núñez volverá este verán a Nigrán para celebrar os 25 anos de “Irmandade das Estrelas”, disco que recreou unha conxunción musical cósmica xunto a un moi destacado elenco mundial de músicos populares, liderado e creado por Carlos Núñez, o noso embaixador máis universal da música celta feita aquí, hai 25 anos, hoxe tamén. O concerto, dos primeiros confirmados por Núñez para este verán, estará incluído na programación especial de agosto do Concello de Nigrán, e terá lugar o sábado día 7 ás 20:00 horas no Miradoiro de Monteferro.