Últimos días para solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán en Baiona

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona lembra que o prazo para solicitar autorización para os particulares que queiran realizar fogueiras o día de San Xoán está aberto ata o vindeiro luns 21 de xuño (incluído).

As persoas interesadas terán que realizar as solicitudes a través do rexistro xeral de entrada do Concello de Baiona en horario de 09:00 a 13:00 horas, para o que é necesario solicitar cita previa no teléfono 986 356 779. Tamén se poderá realizar a solicitude a través da sede electrónica da páxina web municipal http://www.baiona.gal.

Na folla de solicitude deben indicar unha serie de datos persoais, como nome da persoa solicitante, DNI, teléfono… así como a localización na que se realizará a fogueira.