O baionés David González acode o Torneo Internacional Citta di Sassari

A Federación Galega de Loita e D.A. retoma o calendario e os contactos internacionais, participando nun dos eventos máis importantes do calendario deportivo. O torneo Citta di Sassari, terá lugar do 17 ó 20 de xuño en Sassari (Cerdeña, Italia).

Os deportistas Galegos que viaxarán a esta cita son David González Silva, do Club de Loita Sabarís, en 61 kg; Saúl Bello Álvarez, do Club San Ignacio de Vigo, en 70 kg; Santiago Sánchez Varela, do Club Keltoi de Vila de Cruces en 97 kg; e Alexander Kachelaev, como técnico.

Os tres deportistas están becados no CGTD de Pontevedra e adestran ás ordes de Alexander Kachelaev.