Prado Competición arranca a tempada con moitas novidades

Prado Competición regresa ás raíces do equipo coa sucesión do legado do seu pai, Manuel Prado, corredor galego da agrupación 5 nos 90. Agora tócalle a quenda ao seu fillo, José Prado, un novo piloto con máis de 40 rallyes na súa experiencia ao volante.

Arranca así a tempada cunha nova adquisición, un Seat Arosa, para a agrupación 5 (vehículos de 1000cc) co que, se as condicións permíteno, pretende facer todo o Campionato Galego de Rallye de Asfalto e varias probas de montaña, incluíndo tamén algunha do nacional ao paso por Galicia, quedando así o seu Renault Clio 16v esperando a celebrarse algunha proba de carácter especial e máis tipo evento.

Un reto que ten en mente sería facer o Rallye Solo Clio da Comunidade de Madrid, que aínda está por determinar datas, na próxima tempada 2022. Polo momento, os seus organizadores seguen moi de preto a situación sanitaria, pois “é máis que un rallye”, asegura David Sánchez Macías, amigo do equipo e un dos principais organizadores do evento. “Estamos a traballar duro niso, tentando captar apoio económico para poder correlo, unha invitación así é unha oportunidade única na vida, esperamos poder ter suficiente financiamento para o traslado e poder mostrar a todos os nosos amigos e seguidores que somos capaces de facer e mostrar o noso incrible coche, pois nos quedou espectacular, será todo un luxo rodar por unha pasarela única como é o Rallye Solo Clio”, di Prado con voz emocionada.

Outra das novidades é que levará á súa dereita novo copiloto, esta vez unha muller, Patricia R. Centeno. “Sempre tiven ilusión por correr cunha muller á miña dereita, e seguir a tradición do meu pai, levar á miña nai como copiloto, e render homenaxe á parella. Sentireime arroupado, seguro, e sei que nunca me vai a defraudar, a complicidade dunha parella sempre é boa, e neste caso quen mellor para confiar en ti que a túa propia parella?, engade Prado.

As mulleres copiloto xa son habituais nesta familia pois a súa irmá Arancha, a maior dos Prado, tamén fixo os seus labores de copiloto hai uns anos.

Outra das novidades e unha das máis importantes, será o gran apoio de dúas novas empresas da provincia veciña, Glassdrive Santiago de Compostela e José Luis Méndez de JMéndez Seguros Grupo Galilea, dúas empresas que apostaron por este piloto miñorano para esta tempada. Unha empresa de seguros, que xa en tempadas anteriores fixera pequenos patrocinios ao equipo e que este ano xunto a Glassdrive, empresa de lúas en Santiago de Compostela, serán as que se encarguen de achegar todo tipo de dotación e equipamento para piloto e copiloto, sen dúbida un gran apoio económico para este equipo que loita cada tempada por tentar estar aí e saír en cantos rallyes resúltalles posible.

“Sen dúbida foi unha gran sorte que estas dúas empresas confiasen en nós e esperamos demostrar tanto a eles como a todos os outros patrocinadores que levamos sobre o noso coche, o que valemos e agradecer de todas as maneiras posibles o seu apoio, case todas son pequenas empresas, negocios locais de Nigrán, Gondomar e Vigo xa case amigos pois levan moitos anos achegando o seu granito de area, tempada tras tempada confiando en nós… Temos que agradecerllo dalgunha maneira ese gran esforzo que fan para cada ano darnos a súa achega”, argumenta Prado.

Nova montura, nova imaxe, novos retos que esperan esta nova tempada e que sen ningunha dúbida serán moi especiais este ano. Obxectivo: campións galegos da agrupación 5 de asfalto e montaña, dous grandes retos para un pequeno equipo que son unha familia unida e rayllera total.