Murcia énchese de sal atlántico e leva o Trofeo Concello de Baiona de Motos Acuáticas

A baía de Baiona viviu este domingo a segunda xornada do Campionato de España de Motos Acuáticas, coa celebración das probas de resistencia que, en dous longos trazados Offshore, levou aos pilotos desde a enseada baionesa ata Portonovo e San Simón, 66 millas náuticas (algo máis de 100 km.), onde a dureza da proba foi o gran reto a superar.

Coas Rías de Pontevedra e Vigo como testemuñas, algúns pilotos tiveron que abandonar o campionato, debido a diversas roturas nos motores das motos de auga, e que foron atendidos de maneira rápida e eficaz polo amplo dispositivo establecido pola organización ao longo e ancho de ambas as dúas canles marítimas. A Garda Civil encargouse da vixilancia aérea, Protección Civil na mar, e o Club Náutico de Portonovo, Jet&Bike e Tirra y Mar Multiaventura, coas súas embarcacións na auga, percorrendo todo o trazado da competición co soporte dos Xuíces das Reais Federacións Española e Galega de Motonáutica, organizadoras do evento, baixo o patrocinio do Excmo. Concello de Baiona, Deporte Galego da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Efectos Navales Jesús Betanzos e masquenautica.com, e a tamén colaboración do Porto Deportivo Baiona, o Consello Superior de Deportes, Policía Local de Baiona, LaLiga Sports, Murimar Seguros e TacTic Audiovisual.

En GP1, o Trofeo Concello de Baiona foi para o canario con licenza federativa murciana, Alejandro Molina, seguido polo tamén representante da rexión de Murcia, Rubén Jiménez, adxudicándose a terceira praza o galego Miguel Ángel Allo.

En GP2 o triunfo foi tamén para o murciano Rubén Jiménez, coa prata para o seu coetáneo Ginés García, levándose o bronce o vasco Ian Traba.

En GP2 Promoción Murcia volveu ser a protagonista do banzo máis alto do podio, grazas ao éxito de Ginés García. Segundo foi o vasco Ian Traba. E terceiro o valenciano Javier Menéndez.

En GP1 Atmosférica, Andalucía, Asturias e Valencia foron as comunidades representadas no podio, con Antonio Cabrera, Ramón Barreira e Estefanía Durá como protagonistas por esta orde, sendo un éxito o bronce da valenciana, única muller en correr o Offsore.

En GP0 volvía subirse ao primeiro banzo outro murciano, Amador Ferrer, seguido por dous madrileños, Carlos Vela e Santiago Elizalde, na segunda e terceira praza, respectivamente.

Por último, en GP4 facía as honras o balear Alejandro Prats, facendo a prata Juan Carlos Palau, tamén de Baleares, e pechando este podio o andaluz Francisco González.

A entrega de premios celebrouse ás 13.30 horas na Escultura de Soledad Penalta, un acto presidido polo Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e ao que acompañaron os presidentes das Reais Federacións Española e Galega de Motonáutica, Miguel Ángel Martínez e José Fernández; o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, e a concelleira de deportes, Miriam Costas.