Prado Competición presenta o seu novo coche en Priegue

Este domingo 13 de xuño, no Centro Cultural e Recreativo “O Torreiro” de Priegue, celebrarase unha Verbena Racing coa presentación do novo coche do equipo Prado Competición. Está amenizada por Jose Novoa Prosyma (Prosy, Grupo D’Líder), con vehículos racings, coches esclusivos e rallyes, música e petiscos.

O equipo Prado Competicion presenta unha nova montura cara á tempada de Rallyes de Asfalto 2021, sendo xa a súa primeira participación no Rallye de Pontevedra os próximos 18 e 19 de xuño. Así un ano máis, José Prado ponse á fronte dun volante para dar todo de si, mostrando o seu talento.

Así mesmo agradece neste evento do motor a todos e cada un dos seus patrocinadores a súa moi agradecida participación, como anos anteriores, e novos que se uniron á gran familia Prado Competicion, esperando que sexa unha gran tempada con moitas alegrías.

Con esta festa arranca a nova tempada e esperan que sexa fructuosa.