Baiona celebra a solemnidade do Sagrado Corazón de Xesús

Este venres 11 de xuño celébrase en Baiona a solemnidade do Sagrado Corazón de Xesús. Na Igrexa Conventual das Nais Dominicas, ás 18:00 horas terá lugar a Exposición do Santísimo, e ás 20:00 horas comezará a Misa Solemne, presidida polo Bispo da Diocese de Tui-Vigo, Don Luis Quinteiro Fiuza.