Gondomar acomete traballos de mantemento no campo municipal de As Gaiandas

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Deportes, dirixida por Nuria Lameiro, segue apostando firmemente polo deporte e o fomento de hábitos saudables entre as novas xeracións e os veciños en xeral.

Este mesmo mércores iniciáronse os traballos de escarifeado do campo de fútbol de As Gaiandas, a cargo da Deputación Provincial de Pontevedra, que cede medios humanos e maquinaria para poder levar a cabo este proceso que permite eliminar a fina capa de materia orgánica en descomposición que adoita formarse sobre o céspede polo seu uso.

En poucos días procederase ao picado do terreo, para o que o Concello de Gondomar achegará dúas gabarras de area de río, necesaria para poder acometer a osixenación do campo de As Gaiandas.