Excursión ao Pazo de Lourizán e ao parque natural de Cotorredondo

Kiosko Sabarís organiza unha excursión o sábado 26 de xuño con visita á contorna do Pazo de Lourizán en Pontevedra e ao parque natural de Cotorredondo en Marín-Vilaboa. Inclúe comida en restaurante de gran capacidade con lagostinos, vieiras, pescada á romana, carne ao forno con guarnición, sobremesa, café e bebidas. De tarde haberá unha travesía en barco pola ría con chegada ao porto de Vigo e ao final, de regreso a casa, visita ao Monte do Castro para gozar desta contorna remodelada. O prezo da excursión será de 37 euros con todo incluído e autocar de última xeración con guía-acompañante e seguro de asistencia. Máis información e reservas no teléfono 659 32 57 68 (Martín).