O Turonia Gondomar FG proclámase campión na Final Shield do All-Galicia de fútbol gaélico

Esta fin de semana disputouse a Final Shield do All-Galicia 2021 de fútbol gaélico no campo das Gaiandas de Gondomar, na que o Turonia Gondomar FG se proclamou campión en amalgama co Auriense FG B, fronte aos equipos Cambados FG e Keltoi Vigo Estibadores, cos seguintes resultados:

Turonia + Auriense B 3-06 (15) – Cambados 1-09 (12)
Turonia + Auriense B 2-10 (16) vs Keltoi Estibadores 0-11 (11)

A primeira cifra son goles que valen 3 puntos, a segunda son puntos de tiros a paus. A última cifra é o total.