Os baioneses Ludwig van Brothers presentan a súa canción do verán

Chega o verán e con el a nova canción de Ludwig van Brothers, formado polos Djs e produtores baioneses Vince Stone e Roberto Villar. Trátase de “El Son”, esta vez xunto Dj Bozt coa voz de JJ Compota, un novo xiro de estilo para alegrarnos esta entrada ao verán. Baixo o Selo ClockBox Records do propio Vince Stone saca un tema Latin House con toques urbanos modernos e frescos que nos leva ao verán de sol, praia e terrazas. Samaín Producións fixo un novo concepto de videoclip en forma de cómic que nos transporta ao pleno estereotipo de Miami.