Movistar+ presenta “Otros Mundos: El Camino de Santiago”

Este venres, Movistar+ presentou “Otros mundos: El Camiño de Santiago” na mesma Santiago de Compostela, un marco incomparable no Ano Santo Xacobeo 2021, e co que a plataforma afianza o seu compromiso por comunicar e difundir este acontecemento declarado excepcional de interese público.

Neste evento participaron Alfonso Rueda, Vicepresidente Primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia; o escritor e condutor de “Otros mundos”, Javier Sierra; a xefa de Factual e No Ficción de Movistar+, Mariajo Larrañaga e o Produtor Executivo de La Caña Brothers, Alejandro R. Morales.

Pola súa banda, Alfonso Rueda agradeceu o apoio de Movistar+ e destacou que “para nós é fundamental que o Camiño de Santiago volva renacer, e que a semana que vén vaiades dedicarlle esta serie, é algo enriquecedor”. “Alégrame ademais que o Camiño servise de inspiración para facer un programa tan ben feito como este, e que sirva para demostrar que hai moitos camiños por facer, moitas lendas e moitos significados por descubrir”.

Nese sentido, Mariajo Larrañaga, destacou que “en Movistar+ estamos a traballar en novas maneiras de contar historias; e, grazas ao talento de creadores como Javier Sierra, podemos facer series como “Otros Mundos””.

En palabras de Javier Sierra: “Esta é unha serie que pretende levar ao espectador ao verdadeiro Camiño de Santiago. Non é unha viaxe turística, nin un paseo polo patrimonio ou a riqueza paisaxística do mesmo. É unha incursión á esencia orixinal dun roteiro que leva funcionando mil anos e que ensinou a millóns de persoas como chegar ao alma humana”.

“OTROS MUNDOS: EL CAMIÑO DE SANTIAGO”

Neste ano Xacobeo, Javier Sierra proponnos peregrinar con el durante os tres novos episodios da serie documental. Nesta viaxe descubriremos mitos, lendas e historias do Camiño de Santiago e tamén seremos partícipes dalgúns dos momentos clave que converteron a un neno apaixonado polos misterios no recoñecido escritor que é hoxe.

Javier Sierra convídanos a visitar algunhas zonas paisaxísticas e arquitectónicas que lle acollen ao longo do seu percorrido, algunhas delas verdadeiros símbolos da historia de España. Nas súas propias palabras: “Para sacar proveito do Camiño hai que coñecer a linguaxe no que este nos fala. E esa linguaxe son os símbolos. Están por todas partes: nas fachadas das igrexas, nas lendas que se contan en cada etapa, e ata nas conversacións que escoitamos sen querer a outros peregrinos. “Otros mundos” é como unha sorte de dicionario que che axudará a interpretalos”.

Nestas novas entregas, o autor irase citando e atopando con personaxes cos que compartirá experiencias, coñecementos e historias que nos desvelarán os misterios que marcan o Camiño. Ademais, ensinaranos a sorprendente relación que garda o famoso taboleiro do Xogo da oca co roteiro de peregrinación.

JAVIER SIERRA, “LA DAMA AZUL” E A LENDA DO APÓSTOLO SANTIAGO

Como sempre, a historia mestúrase con eses momentos clave da vida do autor que fixeron que un neno apaixonado polos misterios se convertera no escritor que é hoxe. O nexo de unión neste caso é “La dama azul”, a novela coa que Javier debutou en 1998 e que narra a historia da muller que axudou a consolidar a lenda do apóstolo Santiago en España. Javier chega a ela a través dunha serie de casualidades case imposibles que lle levaron a converterse en escritor.

Alejandro R. Morales engade: “Para La Caña Brothers é un agasallo poder levar a historia deste camiño e a traxectoria de Javier a un formato que fusiona o documental con ficción, e que, nesta nova entrega, inclúe recreacións cinematográficas da súa primeira novela “La dama azul””.

Unha vez máis, esta viaxe estará narrada a través das diferentes idades do escritor: o neno, o adolescente e o adulto. A través deles, Javier Sierra compartirá as sensacións e a maxia que que impregnan este camiño milenario que percorren cada ano miles de peregrinos. Neste sentido engade: “Este é un Camiño moi íntimo. Ao carreiro que percorro a pé súmanselle os recordos da etapa na que pasei de neno soñador a adulto. Explico a profunda transformación que me levou de xornalista a escritor, de buscador doutros mundos a creador dos meus propios. Foi un camiño cheo de maxia que non quería deixar de compartir aquí. “Otros mundos” é o meu legado audiovisual”.

“Otros mundos: El Camino de Santiago” estréase o luns 7 de xuño ás 22:00 horas en #0 de Movistar+ (dial 7). Tras a súa emisión, cada episodio estará dispoñible no servizo baixo demanda.

“Otros mundos: El Camino de Santiago” é unha produción orixinal Movistar+ en colaboración con La Caña Brothers.